Como funciona TresEclipses

Unha explicación de alto nivel: astronomía precisa, terreo real e unha puntuación pensada para comparar puntos de observación.

1

Astronomía do eclipse

Calculamos a posición relativa do Sol e a Lúa para cada momento e localización. De aí saen o tipo local, os contactos, a magnitude, a obscuración e a duración da fase central.

2

Terreo e horizonte

Empregamos modelos dixitais de elevación para estimar que parte do ceo queda visible desde o punto de observación e que obstáculos do terreo aparecen en cada dirección. Non se teñen en conta árbores, edificios nin outras estruturas artificiais.

3

Traxectoria sobre o relevo

Cruzamos a traxectoria do Sol e a Lúa co perfil do horizonte. Así detéctase se unha montaña pode tapar o Sol durante o máximo ou antes da totalidade.

4

Score de visibilidade

O resultado resúmese nunha puntuación de 0 a 100. É unha guía para comparar lugares, non unha garantía de meteoroloxía, acceso ou seguridade.

5

Simulación visual

A vista de horizonte permite entender como se moverán o Sol e a Lúa desde ese punto concreto e que momentos cómpre vixiar.

Do mapa ao horizonte

Dúas vistas para tomar mellores decisións

Primeiro comparas zonas co mapa de score. Despois baixas ao perfil do horizonte para ver se o Sol queda realmente libre nos momentos importantes do eclipse. En pantallas grandes podes ver as dúas vistas á vez. En pantallas pequenas podes alternar entre vistas co botón das dúas frechas, arriba á dereita.

Vista móbil do mapa de score do simulador TresEclipses
Mapa de visibilidade
Animación móbil da simulación de horizonte de TresEclipses
Horizonte animado
Simulador TresEclipses mostrando os mellores miradoiros da zona co seu score e datos de eclipse

Miradoiros

Atopa os mellores miradoiros de cada zona

O simulador mostra os dez miradoiros con mellor score dentro da zona que estás vendo. Podes abrir cada un para comparar score, duración da totalidade, obscuración e visibilidade do terreo, e gardar os que che interesen para o día do eclipse.

  • Score calculado con astronomía real e horizonte de terreo de cada miradoiro
  • Compara canto duran a totalidade ou a anularidade en cada punto
  • Garda os teus favoritos e tenos á man o día do eclipse
Abrir simulador

Que hai dentro do score

Unha guía para ordenar opcións

O score non decide por ti. Reduce unha situación complexa a un sinal fácil de ler para que poidas elixir, comparar e preparar alternativas.

Tipo local

Distingue se desde ese punto o eclipse será total, anular, parcial ou se queda fóra da zona útil.

Duración

Valora canto dura a fase central cando hai totalidade ou anularidade.

Cobertura

Ten en conta a magnitude e a obscuración: canto chega a cubrir a Lúa do disco solar.

Horizonte real

Cruza a traxectoria do Sol con montañas e relevo para estimar se os momentos clave serán visibles.

A última comprobación sempre é práctica

Antes de viaxar, revisa a previsión meteorolóxica, o acceso, os permisos, a seguridade viaria e as condicións reais do lugar. TresEclipses axuda a elixir mellor, pero non substitúe a planificación sobre o terreo.